Néstor Araújo viuse obrigado a abandonar o céspede de Abanca Balaídos no minuto 66 do partido de LaLiga ante o Real Valladolid debido a molestias musculares. O central mexicano sofre unha lesión proximal dos músculos isquiotibiais dereitos e nos próximos días realizaranse probas complementarias para determinar o alcance exacto da doenza.
O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 20 xogadores para o partido da vixésimo cuarta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Valencia (sábado, 18.30, Mestalla). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Ferreyra, Rubén Blanco, Renato Tapia, Aidoo, Aarón Martín, Kevin Vázquez, … Continuación
Renato Tapia recibiu na Cidade Deportiva Afouteza o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro polas súas destacadas actuacións durante o primeiro mes do ano. O centrocampista peruano obtivo o 50% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Brais Méndez e Santi Mina cun 25% … Continuación