Un sólido RC Celta consegue un traballado punto en Granada (0-0)

O RC Celta conseguiu un valioso empate a domicilio ante a Granada (0-0) nun partido no que exhibiu traballo, madurez e solidez. Primeira metade marcada pola igualdade. O RC Celta fíxose co control do balón e tentaba avanzar sobre o terreo de xogo ante unha Granada que se defendía con orde. Apenas dous disparos afastados, … Continuación

O RC Celta suma gol e experiencia coa chegada de Facundo Ferreyra

O RC Celta pechou a contratación do dianteiro arxentino Facundo Ferreyra, contrastado goleador arxentino que conta con pasaporte comunitario. O novo ariete celeste firma até final de tempada. Facundo Ferreyra (Lombas de Zamora, 1991), é un destacado goleador que destaca pola súa facilidade para o remate e o seu bo facer no xogo aéreo. Traballador … Continuación

Lucas Olaza finaliza a súa cesión no RC Celta

O RC Celta e Boca Juniors alcanzaron un acordo para finalizar a cesión de Lucas Olaza no conxunto vigués. O lateral uruguaio abandona o equipo tras dous anos de notable rendemento e 65 partidos defendendo a camiseta celeste nos que anotou un gol e repartiu 10 asistencias. O RC Celta quere agradecer a Lucas Olaza … Continuación

Granada – RC Celta: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 20 xogadores para o partido da vixésimo primeira xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Granada (domingo, 18.30, Nuevo Los Cármenes). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Rubén Blanco, Renato Tapia, Aidoo, Aarón … Continuación

Iago Aspas recibe a alta médica e poderá xogar ante a Granada

Magníficas noticias no parte médico do RC Celta. Iago Aspas completou unha nova sesión de adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros e recibiu a alta médica. O dianteiro celeste estará a disposición de Eduardo Coudet para o importante partido do próximo domingo ante a Granada.

Okay xogará cedido até final de tempada no West Bromwich Albion

O RC Celta e o West Bromwich Albion alcanzaron un acordo para a cesión até final de tempada do centrocampista Okay Yokuslu. O club celeste deséxalle moito éxito na súa nova etapa na Premier League.

Un bo RC Celta non pode contra a SD Eibar (1-1)

RC Celta e SD Eibar empataron no primeiro partido da segunda volta (1-1). Os de Eduardo Coudet foron superiores ao seu rival pero non puideron transformar todas as ocasións xeradas. A primeira parte comezou cun RC Celta en busca do gol, algo que atopou nos primeiros minutos por medio de Brais Méndez, que finalizou unha … Continuación

Reencontro no RC Celta con aroma a campión: Augusto Solari reforza o costado dereito celeste

Chega ao RC Celta un xogador de apelido insigne, nome significativo para o celtismo e autor de páxinas inesquecibles na historia do seu club. Augusto Solari, autor do gol que lle deu o seu último título da Superliga arxentina a Racing Club de Avellaneda ás ordes de Eduardo Coudet, firma polo club celeste por dúas … Continuación

RC Celta – SD Eibar: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido da vixésima xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe á SD Eibar (domingo, 18.30, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Rubén Blanco, Renato Tapia, Olaza, Aidoo, … Continuación

Jeison Murillo recibe a alta médica e estará dispoñible ante a SD Eibar

Boas noticias na enfermaría celeste. Jeison Murillo completou con normalidade o adestramento deste sábado na Cidade Deportiva Afouteza e estará a disposición de Eduardo Coudet para o partido de mañá ante a SD Eibar.