Que pasará se finalmente habilítase o 100% do aforo durante a tempada 2020/21?

Se se dese a circunstancia, habilitariamos unha fase 2 da campaña de abonados para tramitar o pago dun complemento. O prezo dese complemente tería en conta os 50€ xa pagados da campaña actual. O prezo final por partido para os abonados da T20/21 será idéntico ao pago na T19/20. Sendo o mínimo total a pagar … Continuación

Teño moedeiro, podo utilizalo para a renovación do meu abono?

Si, a condición de que teñas saldo dispoñible. Se o saldo non é suficiente poderás completar o pago con tarxeta bancaria.

O meu fillo/a é titular do carné Infantil pero xa cumpriu 8 anos debe tramitar a renovación do abono?

Si, o teu fillo/a pasa a ser categoría sub15 e debe tramitar o abono coa cota de 50 euros, igual que o resto de categorías (sub25, adulto e maior 65)

O meu fillo/a é titular do carné Infantil debe tramitar a renovación do abono?

Non. Se a día 1/11/2020 o abonado ten menos de 8 anos non é necesario realizar ningún trámite. A renovación desta categoría non ten custo polo que se renovará de maneira automática. Enviaremos o carné ao domicilio.

O meu fillo/a é titular do carné Miudiño, debo tramitar a renovación do abono?

Non. Neste caso non é necesario realizar ningún trámite. A renovación desta categoría non ten custo polo que se renovará de maneira automática. Enviaremos o carné ao domicilio. Como sempre, este carné non ten butaca asignada, e esta tempada non dará acceso entradas gratuítas. Si poderán acceder á compra de entradas exclusiva para abonados en … Continuación

Son abonado histórico, teño algunha vantaxe?

Debido á situación actual, non podemos ofrecer as vantaxes habituais deste colectivo. Só se recuperaría o acceso a invitacións en caso de disputar partidos en Abanca Balaídos con aforo completo e sempre suxeito a dispoñibilidade de butacas. Esta circunstancia podería verse afectada por recolocación de abonados debido a obras no estadio.

Podo financiar o meu abono?

Non. Trátase dunha cota única e reducida, polo que non é posible o seu financiamento.

Que necesito para renovar o meu abono?

Debes facilitarnos os teus datos persoais e DNI a través da plataforma e realizar o pago da cota, nós encargarémonos do resto.

Podo tramitar a renovación do abono nos despachos de billetes?

Podes realizar a túa renovación domiciliada o xoves 17 de decembro en horario de 10 a 14 e 17 a 20, e o 24 e 31 de decembro nun horario de 10 a 14. En calquera caso, o noso servizo Escoitamos atenderá e axudará a todas aquelas persoas que necesiten apoio durante o proceso. Pódese … Continuación

Como tramito o meu abono?

A través da nosa web  rccelta.es