Por que debo renovar o meu abono se non me garantides que poida ir aos partidos en Abanca Balaídos?

A situación de incerteza actual non nos permite expor unha campaña habitual na que podamos ofrecer o acceso aos partidos en Abanca Balaídos. Con todo, entendemos que formar parte da familia celeste non se limita só ao acceso aos partidos no estadio. Por ese motivo establecemos por primeira vez unha cota de abono única para … Continuación

Ademais de manter a antigüidade e a butaca, que outras vantaxes ten ser abonado durante a tempada 2020/21?

A maior parte das vantaxes son comúns a todos os abonados. Con todo, algunhas vantaxes dependerán de como se tramitou a devolución do abono da tempada 2019/20. Vantaxes comúns a todos os abonados: (renovacións e novas altas) Acceso á compra de entradas ou packs de entradas para partidos que o RC Celta poida xogar con … Continuación

Enviarédesme o carné de abonado ao meu domicilio?

Si.  Recibirálo no teu domicilio a partir do mes de xaneiro, unha vez rematada a campaña de abonados. Lembra que podes gozar das vantaxes de ser abonado sen necesidade de ter o novo carné, simplemente indicando o ID abonado, que podes consultar no carné de tempadas anteriores.

Ao prezo de 50 euros, aplicaránselle algún dos descontos habituais (accionista e/ou familiar)?

Non. Trátase dunha cota única e reducida, polo que non contemplamos aplicar descontos sobre a mesma.

Qué prazo teño para tramitar o abono?

Do 13 de novembro ao 15 de xaneiro.

O pago do meu abono está domiciliado, que debo facer?

Podes escoller entre renovar o abono na nosa plataforma ou non realizar ningún trámite e esperar a que realicemos o cobro do recibo na túa conta durante a primeira semana de decembro. Se escolles tramitalo na nosa plataforma poderás utilizar o teu moedeiro dixital se o tes. Se escolles tramitar a renovación pola nosa web … Continuación

Como tramito o alta dun menor de 8 anos?

Como se trata dun trámite gratuíto non é necesario que o xestiones na plataforma online. Debes solicitar o alta a través de escoitamos.rccelta.es indicando todos os datos do menor: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, datos completos do domicilio e datos de contacto (correo electrónico e móbil). Necesitaremos ademais os datos completos do pai/nai … Continuación