Carné Celtista

ESTEAS ONDE ESTEAS, FAITE CELTISTA

Lanzamos o Carné Celtista e o Carné Celtista Abonado, dúas maneiras diferentes de formar parte do RC Celta pero unidas por un mesmo carné.

Mockup Carnet Celtista

Un RC Celta para todos

Unha gran novidade para esta tempada é o lanzamento do Carné Celtista e o Carné Celtista Abonado, dúas maneiras diferentes de formar parte do RC Celta pero unidas por un mesmo carné. Explicámosche todo neste vídeo!

FAITE CELTISTA
cabecera vídeo

As vantaxes de ser Celtista

Celtista Celtista Abonado
  • BUTACA ASIGNADA PARA OS PARTIDOS DO PRIMEIRO EQUIPO EN ABANCA BALAÍDOS

  • NÚMERO DE SOCIO E ANTIGÜIDADE

  • DESCONTO DO 10% EN TENDAS OFICIAIS DO RC CELTA*

  • BONO REGALO DE BENVIDA DE 10€ EN ENTRADAS OU PRODUTOS OFICIAIS**

  • DESCONTO NO MUSEO E TOUR ABANCA BALAÍDOS

  • DESCONTO NAS ESCOLAS FUNDACIÓN, CAMPUS E CLÍNICS

  • ACCESO Á COMPRA DE ENTRADAS PARA OS PARTIDOS DE VISITANTE***

  • PRIORIDADE E/OU DESCONTO NA COMPRA DE ENTRADAS***

  • PRIORIDADE NA LISTA DE ESPERA PARA CONSEGUIR O ABONO A PARTIR DA TEMPADA 25/26

  • ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FORTUNA****

  • ACCESO AOS PARTIDOS DE AS CELTAS****

  • ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA ZORKA RECALVI****

  • VANTAXES DE PATROCINADORES

*Non é acumulable dunha tempada a outra. O uso deste bono é exclusivo para a tempada
vixente, en caso de non utilización do mesmo o importe do bono perderase. Non acumulable
a outras promocións. Poderá empregarse a partir do 1 de agosto.
**Agás para produtos en promoción e non acumulable con outros descontos.
***Para partidos en LaLiga.
****Ata completar capacidade destinada a Carné Celtista.

Ata agora, a única maneira de formar parte da familia celeste era a través do carné de abonado, que levaba asociada unha butaca en Abanca Balaídos. Esta opción non permitía que todos os seguidores, que viven tamén con paixón o celtismo pero que non poden acudir regularmente ao estadio, tivesen o seu carné de socio. Falamos deses celtistas que viven lonxe de Vigo ou aqueles que por calquera outro motivo non poden gozar de boa parte dos partidos.
O Carné Celtista é unha porta de entrada para todos aqueles que aman estas cores e desexan formar parte da familia celeste. Agora poderán gozar de todas as vantaxes a excepción da butaca asignada en Abanca Balaídos por un prezo moi accesible, co obxectivo de crear un RC Celta global e para todos, levando a Afouteza ata calquera lugar do mundo.

Butaca Asignada Abanca Balaídos
Precio
  • Miudiño

    Acceso aos partidos
    Butaca asignada
    Gratis
  • Celtista

    30€
  • Celtista As Celtas

    50€
  • Celtista Colaborador

    80€
  • Celtista Abonado

    Prezos segundo grada e categoría

Faqs

Consulta o dossier completo da campaña para resolver calquera dúbida que teñas.

Elixe o teu carné

Descubre as nosas categorías

Celtista Abonado

Se actualmente es socio do RC Celta, esta tempada o teu carné chamarase Carné Celtista Abonado. Isto non supón ningún cambio para ti, xa que o prezo do teu abono con butaca xa inclúe todas as vantaxes do Carné Celtista e seguirás tramitando a túa renovación como é habitual. As únicas diferenzas son que o teu carné cambia de nome e que, se algún día non podes renovar o teu abono por algún motivo, se cambias a Carné Celtista nalgunha das súas modalidades, poderás seguir mantendo o teu número de socio e antigüidade aínda que non manteñas a butaca en Abanca Balaídos.

 

 

Prezos

Para esta nova tempada 24/25 reestrutúranse os prezos en determinadas zonas do estadio. Así mesmo, tamén reorganízanse os descontos que aplícanse en cada categoría nas diferentes bancadas, para que sexa a mesma porcentaxe en cada categoría.

 

Os abonados da bancada de Gol renovarán o seu sitio co prezo estipulado desta, pero serán recolocados ao longo da tempada. Informaráselles no momento oportuno de todo o proceso.

Vantaxes de ser Celtista Abonado

Co teu abono da tempada 24/25, ademais de ter dereito de asistencia aos partidos de LaLiga ou Copa del Rey do primeiro equipo en Abanca Balaídos, tamén terás acceso aos partidos do Celta Fortuna, As Celtas, Celta Zorka Recalvi e aos partidos de A Canteira.

 

Ademais, esta tempada temos novidades como o Carné Transferible, no que o carné de categoría Adulto pasará a ser transferible, é dicir, que poderás deixar o teu carné a outra persoa para acceder ao estadio, excepto na bancada de Marcador Baixo. Ademais, o Carné Celtista Abonado contará cun chip de proximidade na tarxeta para facilitar así os accesos aos partidos.

 

O pago a prazos desta nova tempada cambia, xa que os gastos de xestión no momento da renovación, irán incluídos na cota que se fracciona nos 4 prazos. Polo tanto, non terás que abonar esa cantidade no momento da renovación, senón que o farás nos prazos estipulados de forma porporcional.

BUTACA ASIGNADA PARA OS PARTIDOS DO PRIMEIRO EQUIPO EN ABANCA BALAÍDOS

NÚMERO DE SOCIO E ANTIGÜIDADE

DESCONTO DO 10% EN TENDAS OFICIAIS DO RC CELTA*

DESCONTO NO MUSEO E TOUR ABANCA BALAÍDOS

DESCONTO NAS ESCOLAS FUNDACIÓN, CAMPUS E CLÍNICS

ACCESO Á COMPRA DE ENTRADAS PARA PARTIDOS DE VISITANTE

PRIORIDADE E/OU DESCONTO NA COMPRA DE ENTRADAS

ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FORTUNA**

ACCESO AOS PARTIDOS DE AS CELTAS**

ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA ZORKA RECALVI**

VANTAXES DE PATROCINADORES

*Agás para produtos en promoción e non acumulable con outros descontos.
**Ata completar capacidade destinada a Carné Celtista.

Faqs

Consulta o dossier completo da campaña para resolver calquera dúbida que teñas.