ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

Continúa a campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas’ con puntos de recollida nas tendas do RC Celta e unha liña para empresas

RC Celta

O maiúsculo reto de reunir durante o ano do Centenario celeste 100 toneladas de alimentos coa campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas”, posta en marcha polo Banco de Alimentos de Vigo, o RC Celta e a Fundación Celta, arrincou días atrás no partido fronte ao Athletic Club coa recollida de máis de 1.500 quilos de viandas. Esta campaña, que incluirá numerosas actividades ao longo de todo o ano, continúa activa para que todos os afeccionados do RC Celta e cidadáns poidan participar cando o desexen.

Os que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria, poden depositar alimentos non perecedoiros nos puntos habilitados para iso nas tendas oficiais do club na Sede e en Abanca Balaídos de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas e os  domingos de partido na situada no estadio celeste.

Ademais, o club habiltou unha liña telefónica exclusiva para aquelas empresas que desexen participar. Poden chamar ao número de teléfono 666 533 366 de 10.00 a 14:00 horas. As doazóns poderán facelas no Banco de Alimentos, na Avenida de Alcalde Lavadores 102, ou solicitar que sexan recollidas na propia empresa polo Banco de Alimentos.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Centenario

Noticias recomendadas