Hemeroteca celtismo

50 celtistas compartirán protagonismo cos xogadores nun catálogo da tenda oficial

RC Celta

3camiseta1617.jpg

 

Os primeiros 50 afeccionados que adquiriron algunha das novas camisetas do RC Celta participarán nunha experiencia única o vindeiro martes 5 de xullo. Estes afortunados celtistas exercerán de modelos dos novos equipamentos nunha sesión de fotografía profesional idéntica á que cada ano se realiza cos futbolistas do primeiro equipo. De entre todas as imaxes, o club realizará unha selección que se incluirá nun catálogo oficial da tenda no que afeccionados e xogadores compartirán protagonismo.

 

O club porase en contacto cos premiados durante os próximos días para informarlles sobre todos os detalles desta sesión de fotografía tan especial. As novas camisetas están á venda na tenda do Celta en Balaídos (L-S | De 10 a 14 e de 17 a 20), na web www.tiendacelta.com  e no espazo oficial que o club celeste ten no Corte Inglés de Vigo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas