Hemeroteca club

’90 anos xuntos’: desbordante ilusión e enorme éxito na xornada de portas abertas

RC Celta

vestuarios_MG_3128.jpg

A afección volcouse co club no día do seu 90 aniversario

A afección celeste e a cidade de Vigo volcáronse co Real Club Celta na conmemoración do seu 90 aniversario. Coincidindo co 23 de agosto, data de inauguración do club, leváronse a cabo diversos actos entre os que destacou a xornada de portas abertas do estadio e o seu museo, unha iniciativa cun éxito histórico: cerca de 1.600 visitas en só 4 horas.

Unha marea de afeccionados, cerca de 1.600, acudiu esta mañá a Balaídos para coñecer as instalacións deportivas e a historia do club. O celtismo respondeu a esta iniciativa de maneira impresionante e con desbordante ilusión. Ademais de percorrer o museo, os seguidores celtistas puideron acceder ao vestiario do primeiro equipo e saír ao céspede a través do túnel do estadio, emulando así aos futbolistas do Real Club Celta.

 

Outra das chiscadelas ao aniversario celeste foi a colocación dun cartel xigante na fachada de ‘El Corte Inglés’. Nel a afección e varios xogadores do Celta celebran os aniversarios do club baixo a lema ’90 anos xuntos’. Esta acción chamou a atención dos viandantes, que continuamente se deteñen ante o centro comercial para observar o cartel e inmortalizarse ante el.

 

O Concello de Vigo e outras autoridades tamén quixeron unirse ao Real Club Celta no día do seu aniversario. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañou ao presidente céltico Carlos Mouriño e ao consello de administración na misa oficiada na Concatedral de Vigo polo bispo monseñor Luís Quinteiro. Tamén estivo presente o corpo técnico e o persoal do primeiro equipo e do filial, así como membros das categorías inferiores e empregados do club. O acto pechouse cunha ofrenda floral ao Santísimo Cristo da Vitoria.

 

Por outra banda CeltaTV, canle de televisión oficial do Celta, elaborou un vídeo especial polo 90 aniversario que pode ser visionado na súa web, celtatv.interoud.tv, así como o resto de actos levados a cabo no día de hoxe.

 

O día do 90 aniversario conclúe cunha participación da afección sobresaliente. O enorme éxito da xornada de portas abertas en Balaídos, cun caudal de 400 persoas por hora, demostra que o sentimento celtista está máis vivo que nunca, cunha inchada que anhela estar próxima ao club e ao equipo. Xuntos, coa forza do celtismo e o traballo diario e constante da entidade, o Real Club Celta continuará crecendo por moitos anos máis.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas