Seiscentos tres días despois do último partido sen restricións de aforamento, Abanca Balaídos volverá acoller o cento por cento de capacidade este domingo ante o Sevilla FC. Será unha data sen dúbida especial, un día para saborear un chisco de normalidade tras ano e medio de pandemia, o reencontro sen limitacións do celtismo co seu equipo.
Para celebrar este momento único, o club organizou nos prolegómenos do partido unha homenaxe ao abonada número uno, Alicia Barreiro, quen exercerá de representante de toda a afección celeste realizando o saque de honra.
Minuto de silencio
Antes do comezo do partido ante o Sevilla gardarase un minuto de silencio en memoria dos exjugadores celestes Joaquín Álvarez Corbacho, Joaquín, quen xogou no RC Celta entre as tempadas 1960-64, e Pedro Taberner Nadal, Taberner, futbolista céltico entre 1968 e 1970, así como dos abonados históricos Álvaro Viéitez Davila e Joaquín Núñez Castro.