ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

A afección celeste, protagonista nas badaladas do Centenario no RC Celta-Sevilla

RC Celta

A piques de finalizar o ano, o RC Celta comeza a celebración do seu Centenario, unha data moi especial que arrinca da mellor maneira posible, coa familia celeste unida para darlle a benvida ao 2023 e aos 100 Anos de Afouteza e Corazón. O día 31, todos os afeccionados celebrarán o novo ano nas súas casas, cos seus, pero este venres, xusto antes do RC Celta –Sevilla  poderán tomar as uvas coa súa outra familia, a celeste.

Para gozar ao máximo desta cita é prioritario chegar ao estadio con tempo suficiente para recoller as doce uvas nos accesos, unha vez pasados os tornos. Ás 19.00 horas, os seguidores celestes tomarán as uvas en compaña dos seus compañeiros de bancada.

Será o presentador Carlos Veleiro quen indique o momento do festexo. Xunto a el estarán dúas lendas do celtismo. Manolo o ‘gran capitán’ e Atilano, os dous ex xogadores con máis partidos na historia do club: xuntos suman 925 encontros coa camiseta celeste.

A afección marcará o ritmo na entrada no ano do Centenario. Unha representación das peñas celestes farán soar no céspede os seus bombos e tambores a ritmo de badalada. Será o momento de tomar as 12 uvas e poñerse a pulseira do Centenario que se entregará tamén nos accesos ao estadio.

Un comezo do Centenario inesquecible, que o club celebra da man de Estrella Galicia, e que ningún afeccionado debe perderse. #100AnosDeAfoutezaeCorazón.

As penas encargadas de facer soar as badaladas serán:

-Fora de Xogo

-Peña Muradana Celtista Cuadrilla Pepa a Loba

-Os Viadutos

-Comando Celta

-Termas Celestes

-Teixugos Celestes

-Siareiros.net

-Peña Celtista Iago Aspas

-Heredeiros do Celta

-Peña Celta do Miño

-Blau Cel

-Merlegos Celeste

-Cigarrón Celeste

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club

Noticias recomendadas