Hemeroteca celtismo

A afección celeste responde: bo ritmo na venda de entradas e Río Baixo ao borde do cheo

RC Celta

cel-get_rosendo_ok_def.jpg

Xa á venda os billetes para o Celta-Atlético: non será día do club e manténse os prezos habituais

 

A afección do Real Club Celta está a dar unha vez máis mostras inequívocas de compromiso e apoio ao equipo. A importancia do partido do sábado ante o Getafe non pasou desapercibida para o celtismo e a venda de entradas para este encontro marcha a bo ritmo: a Bancada de Río Baixo está xa preto de esgotarse. Por outra banda, o club puxo xa á venda, nos despachos de billetes online, as entradas para o partido ante o Atlético de Madrid cos prezos habituais, un apaixoante choque que ademais de billetes alcanzables non terá a condición de Día do Club.

 

O Celta-Getafe do próximo sábado (Balaídos, 18.00 horas) é un partido de gran importancia no duro camiño da permanencia na máxima categoría do fútbol español. Unha vitoria suporía un enorme paso adiante para os celestes, que se miden a un Getafe realmente necesitado e por tanto extremadamente perigoso.

 

A resposta da afección celeste está a ser unha vez máis exemplar. As oficinas de abonados do club despachan entradas para este choque a bo ritmo e xa hai unha bancada, a de Río Baixo, que está preto do cheo. O apoio de afeccionados e abonados neste partido será determinante para que o equipo vigués manteña a súa boa dinámica de resultados e a súa fortaleza como local. O club anima a todos os seguidores a acudir con antelación ao estadio para xerar un ambiente celtista desde primeira hora da tarde e gozar dunha degustación gratuíta de café Mocay nas cantinas do estadio entre as 17:00 e as 17:30 horas, cortesía de Mocay Caffè, Catering Don Pepe e o Real Club Celta.

 

As entradas poden adquirirse na oficina de abonados do club até o venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O sábado os billetes poderán comprarse nos despachos de billetes do estadio desde as 10 da mañá e até o inicio do choque de maneira ininterrompida. Ademais, as entradas están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta.

 

As entradas para o Celta-Atlético, xa á venda

 

Por outra banda, o club xa puxo á venda nos despachos de billetes online e oficina de abonados as entradas para o apaixonante partido ante o Atlético de Madrid, na actualidade uno dos co-líderes da competición, que se disputará en Balaídos o sábado, 8 de marzo, ás 20.00 horas.

 

Co fin de multiplicar o apoio ao equipo e agradecer a abonados e afeccionados o seu apoio, o club non declarou este partido como Día de Club -só haberá dous por tanto esta tempada- e decidiu manter os prezos habituais, entre 15 e 25 euros en categoría Sub-24 e entre 25 e 50 para adulto.

 

As entradas para este choque están xa á venda nas oficinas de abonados até o venres e a partir do luns da próxima semana, mentres que este sábado, 22 de febreiro, poderanse adquirir nos despachos de billetes do estadio.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas