Bo xogo, fútbol ofensivo, coraxe… O RC Celta sumou sete do últimos nove puntos en xogo grazas á unión equipo-afección. Tanto nos partidos en ABANCA Balaídos como nos disputados a domicilio, o empuxe dos afeccionados deixouse notar sobre o verde.
O RC Celta afronta este sábado ás 21.00 horas un partido vital ante o Granada para seguir escalando postos na clasificación. Para que a afección poida ver unida o encontro, o Salón Rexio volverá abrir as súas portas e ofrecerá o partido nunha pantalla xigante. A entrada será libre até completar capacidade e haberá servizo de barra para todos os asistentes, que poderán acceder a partir das 20.00 horas.
Radio Vigo en directo
O encontro, ademais, será retransmitido en directo desde o propio Salón Rexio por Radio Vigo. Jacobo Buceta e todo o seu equipo porán voz a todo o que ocorra sobre o terreo de xogo desde A Sede e os afeccionados poderán coñecer e gozar como se narra un partido do RC Celta desde a radio.