Celtismo

A afección do RC Celta xa ten o seu recoñecemento como a mellor de LaLiga

RC Celta

A afección do RC Celta foi recoñecida este sábado por parte de LaLiga e de Afeccións Unidas como a mellor de Primeira División na tempada 2018/2019 polo incondicional apoio ao seu equipo e polo súa exemplaridade e respecto ao resto de afeccións e clubs. O acto tivo lugar nos prolegómenos do partido de LaLiga no Estadio de ABANCA Balaídos entre o RC Celta e o FC Barcelona

Mónica Alzueta, Directora de Zona do Banco Santander, entregou o recoñecemento a José Méndez Castro, presidente da Federación de Penas do RC Celta. No acto tamén estiveron presentes, Felipe Sanz e Joaquín Garrido en representación de Afeccións Unidas, e Pipe Gómez, responsable de LaLigaSports.

A afección do RC Celta sucede á do Girona FC, que foi recoñecida como a mellor de LaLiga Santander na tempada 2017/2018.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas