rio-lateral-foto.jpg
Celtismo

A afección elixe ubicar a Bancada de Animación en Río Lateral

RC Celta

Este luns pechouse o prazo ofrecido aos afeccionados celestes para elixir entre as dúas localizacións posibles da nova Bancada de Animación: Río Lateral ou Marcador Baixo. Tras unha semana de votación, a web animacion.rccelta.es rexistrou a 540 usuarios que reservaron unha praza e que se expresaron da seguinte maneira:

A opción de Río Lateral álzase coa vitoria con case o 51% dos sufraxios, por diante de Marcador Baixo co 42%. Un total de 39 afeccionados, o 7% dos participantes na enquisa, escolleron a opción de “calquera bancada”.

 

Próximos pasos

  • O martes 26 de xuño iníciase a tramitación de abonos nos despachos de billetes para afeccionados que se rexistraron en www.animacion.rccelta.es e elixiron as opcións “Río Lateral” ou “Calquera Bancada” e para antigos abonados da Bancada 1923.
    – Aos afeccionados que realizaron o pago de 10€ en www.animacion.rccelta.es descontaráselles do prezo do abono no momento de tramitalo.
    – Estes afeccionados terán prioridade sobre o resto de interesados ata o día 5 de xullo.
    – Os rexistrados que non formalicen o seu abono antes do final da campaña perderán os 10€ do rexistro.
  • Os afeccionados que se rexistraron na votación e elixiron a opción de “Marcador Baixo” recibirá mediante devolución na mesma cartón coa que realizaron o pago os 10€ do custo do rexistro.
  • Desde o día 5 de xullo, calquera persoa poderase anotar na Bancada de Animación acudindo aos despachos de billetes do estadio (altas ou renovacións procedentes doutras bancadas).
  • O prezo do abono é de 140€ para categoría Sub-25 (altas e renovacións) e de 250€ para categoría Adulto (altas e renovacións).

[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2018/06/Rexistro-Bancada-Animacion.pdf”]

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas