Audiovisual

A afección entrega a Emre Mor o Trofeo Xogador Estrella Galicia de febreiro

RC Celta





Emre Mor recibiu este martes o seu primeiro trofeo Xogador Estrella Galicia, un galardón concedido pola afección celeste e cuxo trofeo do mes de febreiro recalou no futbolista turco-danés: “Sempre é bo recibir un premio e máis se o entregan os afeccionados. Estou moi contento e agradecido”, declarou Mor tras recibir o galardón de mans de Elsa Alonso, recoñecida pola cervexeira galega como a Hostaleira Estrella Galicia de febreiro.

Foi unha das edicións máis rifadas desde a creación deste trofeo. Mor competía con Hugo Mallo e Maxi Gómez por levar o recoñecemento da afección e, finalmente, proclamouse vencedor por tan só 32 votos de diferenza respecto ao capitán do equipo céltico. Emre Mor acumulou 1.250 votos nas enquisas levadas a cabo nos perfís oficiais do RC Celta en Twitter e Facebook, mentres que Hugo Mallo sumou 1.218 e Maxi Gómez 823.

Dous dos afeccionados que participaron na elección do Xogador Estrella Galicia de febreiro mediante o seu voto en redes sociais, Adrián García e Carla Pérez, gozaron de entradas dobres no último partido de Liga en Balaídos ante o Málaga CF.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Fanzone

Noticias recomendadas