Hemeroteca celtismo

A afección otorga a Iago Aspas o Premio Xogador Estrella Galicia de Outubro

RC Celta

aspasmvpoctubre.JPG

 

Iago Aspas recibiu este luns o Premio Xogador Estrela Galicia de Outubro, un galardón que recaeu no xogador moañés por votación do celtismo en redes sociais. Ao recibir o premio, o atacante celeste mostrouse agradecido ao celtismo e asegurou que “saber que é a afección a que elixe o gañador súmalle valor”.

 

José Ramón Redondo, delegado comercial de Estrela Galicia en Vigo, foi o encargado de entregar o trofeo a Iago Aspas, quen quixo dedicalo á súa familia, o club e aos seus compañeiros de vestiario: “Sen o equipo non recibiría recoñecementos como leste. O premio tamén é para eles”, declarou o galego.

 

Aspas aproveitou a ocasión para lembrar a importancia do encontro de Europa League ante o Standard de Liège e o necesario que será o apoio da afección en Balaídos: “Este xoves temos un partido moi importante e ilusionante para todos. Temos que remar xuntos para clasificarnos á seguinte fase da competición e seguir soñando”.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas