Hemeroteca celtismo

A bancada de Marcador colga o cartel de esgotado: 2000 entradas vendidas para #onosoderbi

RC Celta

derbiida1516-sergio.jpg

 

Dez días despois de iniciarse a venda de entradas para o derbi galego en Balaídos, as billeteiras do estadio e a billeteira dixital acumulan unhas 2.000 entradas vendidas, unhas moi boas cifras que certifican a ilusión e expectación que este partido esperta entre o celtismo. A bancada de Marcador xa esgotou todas as localidades dispoñibles, polo que para esta zona do estadio só se seguirán despachando suplementos para aqueles abonados que o necesiten.

 

Tanto a oficina de abonados como as billeteiras permanecerán pechadas esta semana Santa e reabrirán o vindeiro martes no seu horario habitual: de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Durante estes días sen actividade en Balaídos, as entradas para o encontro ante o Deportivo continuarán á venda na web www.celtavigo.org/taquillaCelta, activa as 24 horas.

 

O club fixou uns prezos de entradas que oscilan entre 60 e 90 euros para a categoría ADULTO e entre 40 e 60 euros para afeccionados SUB-25. Ao tratarse dunha xornada designada como ‘Día do Club’, os abonados que tramitaron o seu carné despois do 3 de xullo de 2015 deben retirar un suplemento para acceder ao estadio. O custo é de 20 euros para categoría ADULTO e de 10 para o resto de categorías, exceptuando aos menores de 8 anos que só deberán abonar 5 euros. Os abonados que xestionaron o seu carné con anterioridade á devandita data poderán asistir ao partido da maneira habitual, presentando o seu abono na entrada á bancada. Os suplementos poderán retirarse até o mércores 30 de marzo.

 

precios140316.jpg

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas