O Celta segue reforzando o seu proxecto feminino sumando a proxección e o talento de Aitana Sánchez Bardera. A atacante de 20 anos converterase na nova xogadora de As Celtas.
Natural de Madrid, Aitana acumula unha ampla experiencia en clubs de referencia no panorama nacional. Formouse no Pérez Galdós antes de pasar polas filas do Atlético de Leganés, CD Leganés, Raio Vallecano e Real Madrid. Na súa última etapa, militou no CFF Olympia Las Rozas e no Atlético de Baleares, onde continuou consolidando o seu crecemento como futbolista.
Coa súa incorporación, Vicky Vázquez suma ao equipo unha xogadora con gran versatilidade xa que é capaz de adaptarse a diferentes posicións e xogar de extremo, lateral ou mediocentro. Calidade, intensidade e visión de xogo que seguro serán fundamentais para afrontar a próxima tempada en Segunda Federación.
O Celta quere dar a benvida a Aitana e desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa como celtista.
Benvida, Aitana!