20240830_Camiseta_AsCeltas-13
Celtismo

A camiseta da tempada 24/25 de As Celtas xa está aquí!

RC Celta

As Celtas saca á luz a primeira camiseta da súa historia. O novo cadro celeste desvela como será a vestimenta que portará nos partidos deste curso inaugural. Nun emocionante vídeo de Celta Media, as xogadoras de As Celtas visten o que será a súa nova pel durante esta histórica tempada 24/25.

Esta camiseta segue a liña da primeira equipación do RC Celta, pero con corte feminino e con algunhas particularidades. As xogadoras de As Celtas levarán diferentes patrocinadores e lucirán a inscrición “As Celtas” en ambos os ombreiros, xusto debaixo dos característicos chebrones de Hummel. O club, xunto co novo patrocinador técnico do mesmo, apostou por manter a continuidade da camiseta, co obxectivo de transmitir os mesmos cores e o mesmo sentimento en todas as categorías e equipos que forman parte do Celta, pero cunha chiscadela ao incluír o distintivo nos ombreiros nesta peza histórica.

O club confía en que esta primeira camiseta de As Celtas traia boa sorte e arroupe ás xogadoras ao longo do que será unha tempada ilusionante, unha tempada para lembrar.

Dispoñible en tendas físicas e na tenda en liña do RC Celta. Corre a por a túa!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club

Noticias recomendadas