Hemeroteca celtismo

A campaña de abonados con condicións especiais amplíase ata o 6 de xaneiro

RC Celta

anual2015max.jpg

O carné con descontos e sen ‘Días do Club’ pode tramitarse ata o Día de Reis

 

O prazo para beneficiarse das condicións especiais da Campaña Anual de Abonados, as mesmas que se ofreceron durante a campaña estival, amplíase uns días, ata o 6 de xaneiro, dada a gran afluencia rexistrada na última semana. As renovacións que se realicen ata o Día de Reis gozarán dun desconto do 5% sobre o custo do abono, acumulable ao desconto de accionista ou familiar até un máximo do 15%. Ademais, tanto renovacións como altas tramitadas até esa data quedan exentas de pagar suplemento nos partidos designados como ‘Día do Club’.

 

A partir do 6 de xaneiro, as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os ‘Días do Club’ e os prezos que se aplicarán serán os propios da Campaña Anual 2015.

 

A oficina de abonados abre de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e a plataforma online ofrece a posibilidade de xestionar o carné de abonado dunha maneira cómoda e sinxela as 24 horas do día: www.celtavigo.org/abonosCelta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas