Hemeroteca celtismo

A campaña de abonados do Real Club Celta ‘toma’ as rúas

RC Celta

mupis_campaña_web_19615.jpg

p>

Os carteis co lema ‘Crecemos Xuntos’ comezan a poboar a cidade

 

A campaña de abonados do Real Club Celta para a tempada 2015/2016, que segue a bo ritmo nas novas taquillas do estadio de Balaídos, comezou a formar parte da paisaxe urbana da cidade. Os carteis co lema ‘Crecemos Xuntos’ son visibles xa en numerosos puntos de Vigo. Ademais de en os Mupis do Concello, a campaña celeste ocupa parte da fachada do Corte Inglés en Gran Vía e nos próximos días continuará ampliando a súa presenza en distintos soportes e lugares emblemáticos da cidade.

 

Neste senso, haberá máis sorpresas en próximas datas, con orixinais ubicacións e soportes que sen dúbida non deixarán indiferentes aos vigueses.

 

A campaña de abonados inclúe descontos e vantaxes ata o día 30 de xuño, polo que o club anima a abonados e afeccionados a que tramiten o seu carnet canto antes para aproveitar estas promocións e evitar acumulacións no tramo final do mes.

mupi_campaña_web1_10615.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas