Hemeroteca celtismo

A campaña de abonados rexistra máis de 6.000 renovacións e 1.400 altas

RC Celta

afición-bandera

p>

O desconto especial polo 90 aniversario e a exención de suplementos finaliza o 15 de xullo

A campaña de abonados para a emocionante tempada 2013/2014, a do 90 aniversario do club, continúa adiante cun ritmo elevado de altas e renovacións. Nas primeiras semanas de campaña a oficina de abonados rexistrou máis de 6.000 renovacións e preto de 1.400 altas, cifras notables que reflicten o fervor celtista que cada vez contaxia a máis afeccionados.

O club lembra aos abonados pendentes de renovar o seu carné que, se realizan a xestión antes do 15 de xullo, poderán beneficiarse dun desconto especial polo 90 aniversario do club: un 10 por cento de rebaixa acumulable ata un 20 por cento co desconto familiar ou accionista.

A estas vantaxes engádese a posibilidade de asistir a todos os partidos do Celta en Balaídos sen ter que adquirir suplemento nos ‘Días do Club’. Esta oferta é válida tanto para renovacións como para altas realizadas antes do 15 de xullo.

Ante a proximidade desta data, o Celta convida a todos os afeccionados que aínda non renovasen o seu abono a que acudan aos despachos de billetes do estadio ou accedan á web www.celtavigo.org/abonosCeltaa forma máis rápida e sinxela de tramitar renovacións e altas sen ter que acudir ás dependencias de Balaídos.

Entre as facilidades para facerse abonado do Real Club Celta está a posibilidade de financiar o custo do carné. Co cartón comercio ou VISA Novagalicia Banco o pago pódese dividir en até 3 cotas e, en caso de dispor de conta bancaria en Novagalicia Banco, é posible realizar o pago do abono até en 12 cotas con ‘CrediCelta’.

 

Os despachos de billetes do estadio (renovacións) e a oficina de abonados (altas e outras xestións) permanecen abertas de luns a venres en horario de 9 a 15 horas. Ademais os martes e xoves tamén abren de 17 a 20 horas.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas