Celtismo

A cantina da nova ‘Bancada Siareiros’ estreou murais históricos

RC Celta

O RC Celta conta esta tempada cunha renovada bancada de animación, situada nun lateral de Río Baixo por elección da afección celeste. A coñecida como ‘Bancada Siareiros’ é unha zona reservada para os afeccionados que máis ruído queren facer animando ao RC Celta, que ademais conta cunha serie de vantaxes especiais.

No partido ante o RCD Espanyol da primeira xornada ligueira, a cantina desta sección do estadio ABANCA Balaídos estreou uns murais cheos de historia celeste nos que aparecen algunhas das lendas do club, como Mostovoi, Gudelj, Iago Aspas, Hugo Mallo, Manolo, Vicente ou Borja Oubiña.

Os celtistas interesados en unirse á ‘Bancada Siareiros’ aínda están a tempo de facelo acudindo aos despachos de billetes do estadio, abertas durante o verán de luns a venres en horario de 09:00 a 15:00. Máis información na web www.animacion.rccelta.es

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas