charla-berizzo-salon-regio.png
Celtismo

A charla de Berizzo do ciclo ‘Fútbol de Salón’ en A Sede terá lugar o 9 de abril

RC Celta

Por problemas de axenda, a charla do adestrador Eduardo Berizzo prevista para o día 21 do presente mes no ciclo ‘Fútbol de Salón’ aprázase uns meses. O ex técnico céltico acudirá ao Salón Regio de A Sede o xoves 9 de abril ás 20.00 horas.

O ciclo comezou o pasado 25 de outubro cun vello coñecido da afección céltica, Eusebio Sacristán. Polo Salón Regio de A Sede pasarán despois, ademais de Berizzo, e ata o mes de maio de 2020 Jorge Valdano, Vicente Do Bosque, Fran Escribá, Marcelino, Javi Gracia e o Tata Martino.

Este ciclo, cun elenco de adestradores de gran renombre, está aberto a todos os afeccionados do RC Celta, que poderán acudir de xeito gratuito a cada unha das charlas ata completar aforo. Neste caso, as intervencións poderanse seguir no videowall da tenda oficial. Toda a información relativa ao ciclo ‘Fútbol de Salón’ está xa dispoñible na web futboldesalon.rccelta.es

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas