16_9
O Club

A historia do filial celeste dáse cita ante o Celta Fortuna – FC Andorra

RC Celta

O Celta Fortuna vivirá este luns, 24 de agosto, unha tarde moi especial. Ás 19.00 horas, o filial celeste disputará ante o FC Andorra o seu primeiro partido en Segunda División en Abanca Balaídos, ante o celtismo, nunha cita que servirá tamén para recoñecer a quen forma parte da historia que levou ao Fortuna ata o fútbol profesional.

Nos prolegómenos do encontro, correspondente á segunda xornada de LaLiga Hypermotion, o club reunirá sobre o terreo de xogo a representantes de distintas xeracións do filial, protagonistas de etapas que forman parte deste longo camiño.

Será un encontro entre xeracións e, sobre todo, unha oportunidade para recoñecer o camiño percorrido. Porque detrás deste momento hai moitos equipos, xogadores, adestradores e traballadores que durante anos fixeron crecer ao filial e mantiveron vivo o obxectivo de levar o talento Feito na Madroa cada vez máis lonxe.

Esperámosvos a todos este luns, en Abanca Balaídos, nunha nova cita coa historia.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo O Club

Noticias recomendadas