Nolito e o canteirán Jonny comparten o vestuario da Selección Española (fotos: RFEF)
A última convocatoria de Vicente do Bosque para partidos e adestramentos coa selección absoluta deixa unha imaxe que poucas veces repetiuse na historia e chea de orgullo ao club e ao celtismo: a de dous xogadores do Real Club Celta compartindo a vestimenta da Selección Española.
Nolito e o canteirán Jonny son os protagonistas desta imaxe dun gran valor que mostra o crecemento do Real Club Celta, sempre da man dunha afección envorcada, non só no apoio ao equipo, senón tamén no coidado e potenciación da canteira e os proxectos do club.
O lema da campaña de abonados da pasada tempada, orgullosos dos nosos, engarza a través destas fotografías co da próxima, Crecemos Xuntos. A campaña para a próxima tempada comezou días atrás con vantaxes e descontos ata o 30 de xuño e con numerosas novidades encamiñadas a mellorar a atención e o servizo aos integrantes da familia celeste.