Hemeroteca celtismo

A liga volve a Balaídos: á venda as entradas para o Celta-Espanyol

RC Celta

Celta-Espanyol_horario_2013.jpg

Billetes dispoñibles para as gradas de Tribuna, Río Alto, Río Baixo, Preferencia e Gol

 

A liga regresa a Balaídos o vindeiro luns 19 de agosto (22:00 horas). O Celta reencóntrase co Espanyol, rival ante o que os vigueses conseguiron a permanencia en Primeira a pasada campaña. O conxunto céltico debutará na competición ligueira ante a súa afección, que sen dúbida empuxará ao equipo co mesmo tesón que na anterior tempada. Unha gran oportunidade para arrincar a liga 2013/2014 con bo pé.

 

Para este partido, no que o club realizará os actos conmemorativos do 90 aniversario, establecéronse uns prezos de 50 euros para Tribuna, 40 para Río (25€ categoría Sub-24), 35€ para Preferencia (15€ categoría Sub-24) e 25€ na bancada de Gol (15€ para sub-24). Os abonados do club poden acceder ao estadio presentando o carné da tempada 2013/2014 ou anual 2013.

 

As entradas poden adquirirse de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas na oficina de abonados, ou o sábado 17 de agosto de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e o día do partido de 10 a 14 e de 17 horas até o inicio do partido nos despachos de billetes do estadio.

 

Os billetes xa están á venda no despacho de billetes online, onde poden adquirirse en calquera momento do día, incluído o fin de semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

tabla_de_precios_celta-espanyol_2013.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas