O pasado sábado, Abanca Balaídos converteuse nunha auténtica caldeira anotando o que é o récord de asistencia, dende o ano 2017, con 24.445 persoas e un 98’29% de ocupación. Unhas cifras á altura dunha afección completamente envorcada que non parou de animar ao equipo nin un segundo. En cada xesto, en cada mirada, en cada unha das imaxes pódese apreciar un sentimento desmedido que demostra a AFOUTEZA e CORAZÓN do celtismo.
Ademais das bancadas, nesta galería tamén se atopan algunhas das fotos tomadas aos afeccionados que se achegaron a ver o Trofeo da Intertoto exposto nos arredores do estadio.
A continuación, deixámosvos un pequeno resumo no que seguro atoparedes algunha cara coñecida.