20240915_PartidoAdri_RCCELTAvsVALLADOLID_Aficion-18
Celtismo

A mellor galería de imaxes dunha afección de sobresaínte!

RC Celta

Tras o parón do mes de setembro, a conta atrás chegaba ao seu fin, e Abanca Balaídos volvía ruxir cunha nova xornada de LALIGA EA SPORTS. O RC Celta enfrontábase ao Real Valladolid nun partido que non se quixeron perder os 21.670 afeccionados que, un domingo ás 14:00h. baixo un sol abrasador, animaron e apoiaron ao equipo ata a vitoria.

Sen dúbida, a maior fortuna do club é contar cunha afección tan chea de AFOUTEZA e CORAZÓN que está sempre ao seu lado, e é un enorme orgullo saber que, xornada a xornada, estades aí apoiando ao equipo.

Como piar fundamental deste club, o voso alento e calor é o que lle dá vida a Abanca Balaídos, por iso a continuación tedes a galería coas mellores fotos das bancadas, nas que seguro atoparedes algunha cara coñecida.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas