Audiovisual

A nova sede do RC Celta albergará o restaurante Silabario e un ‘gastrobar sport’

RC Celta

Dentro de moi pouco o RC Celta trasladará a súa sede social ao corazón de Vigo. As oficinas principais do club convivirán con distintos servizos destinados á afección nun emblemático edificio da Rúa do Príncipe nun proxecto destinado a dinamizar o centro da cidade e o día a día do celtismo e a entidade celeste. Entre a oferta de servizos da nova sede social destacan dúas propostas hostaleiras de gran atractivo: o restaurante Silabario e un gastrobar sport dos propietarios de La Pepita.

“Para un vigués como eu é unha inxección de forza poder cociñar na miña casa e retomar o meu proxecto na do Celta”. Alberto González, xerente e chef de Silabario, retoma un proxecto que naceu en Tui e que ostentou unha Estrela Michelin desde 2012 ata 2016, ano no que o recoñecido restaurante tudense pechou en busca dun novo camiño que comeza agora da man do Celta. “Será unha continuidade da cociña que faciamos”, asegura Alberto González. Silabario destacou no seu momento pola súa cociña “ancorada ao receitario galego pero cun selo de cociña de autor”, filosofía que se manterá nesta nova etapa na que o cociñeiro vigués pretende ofrecer “unha oferta na que todo o mundo senta cómodo” e pensada para “que a xente poida repetir”.

A segunda proposta hostaleira da sede céltica será un gastrobar sport xestionado polos propietarios de La PepitaA Mordiscos, dous dos locais de restauración de Vigo que máis éxito e popularidade colleitaron nos últimos anos. Xestionada por “vigueses e celtistas” en palabras do seu xerente Santiago Salgueiro, La Pepita toma un novo rumbo coa creación dun gastrobar na sede do RC Celta. “Estará aberto todo o día, cunha proposta desde a mañá con almorzos diferentes, menús do día, carta, pratos para compartir… será algo informal e moderno”, explica Salgueiro.

A sede do RC Celta, un novo punto de encontro para o celtismo, verá a luz nos primeiros meses deste ano 2018.

 

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Novas club O Club Fanzone Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas