Hemeroteca celtismo

A oficina de abonados continúa despachando billetes para o Celta-Real Sociedad

RC Celta

realdeporcelta.jpg

Tamén están á venda as entradas para o derbi galego, designado como ‘Día del Club’

A oficina de abonados e o despacho de billetes online continuan despachando entradas para o apaixonante encontro ante a Real Sociedad (sábado, 22:00 horas), un esixente rival que chega a Vigo decidido a romper a boa forma do Celta en Balaídos, onde o conxunto celeste non perde desde o 21 de marzo.

 

Os prezos para o choque ante o conxunto donostiarra volven ser os habituais durante a pasada tempada, entre 25 e 50 euros para a categoría Adulto e entre 15 e 25 para Sub-25. Os billetes poden adquirirse na oficina de abonados ata o venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas ou o sábado nos despachos de billetes do estadio de 10 a 14 e de 17 a 22 horas.

preciosreals1415.jpg

Despois da visita dos de San Sebastián, Balaídos recibirá ao Deportivo da Coruña no que supón o regreso do derbi galego en Primeira División (martes 23, 22h). Os billetes comezaron a despacharse na oficina de abonados a un prezo de entre 45 e 70 euros para adultos e entre 35 e 45 para os máis novos, prezos inferiores aos que se establecerán noutros “Días do Club” polos especiais condicionantes deste partido.

 

Os abonados que renovaron ou se deron de alta até o 11 de xullo de 2014 non terán que pagar suplemento para asistir ao encontro ante o Deportivo, mentres que os que xestionaron o seu carné con posterioridade á devandita data deberán adquirilo a un prezo de 20 euros para adultos e de 10 euros para Sub-25 antes do 16 de setembro.

preciosderbi1415.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas