peña
Celtismo

A peña celtista Bueu Celeste celebra o seu XV aniversario

RC Celta

A peña celtista Bueu Celeste celebrou onte, mércores 7 de maio, o seu décimo quinto aniversario cun acto que contou coa presenza da presidenta do RC Celta, Marián Mouriño; o conselleiro do club, Antón Álvarez; o xogador do primeiro equipo, Sergio Carreira; o capitán do Celta Fortuna, Pablo Meixús; e a gardameta de As Celtas, Nuria Gómez.

Coa súa sede en Cela, ao evento acudiron numerosos integrantes dunha peña que está composta por 110 peñistas que gozaron todos xuntos dunha xornada na que o sentimento celeste foi o gran protagonista. Autógrafos, fotos, abrazos e risas predominaron nunha celebración na que por suposto non faltaron as historias e anécdotas ao longo de todos estes anos camiñando xunto ao equipo celeste.

Durante o acto, Marián Mouriño fíxolles entrega dunha camiseta dedicada ao seu aniversario e en agradecemento ao apoio ao club. Pola súa banda, a peña entregoulle unha figura característica como recordo dunha tarde que seguro será inesquecible.

Parabéns e a por moitos anos máis gozando xuntos!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas