tincho
Celtismo

A peña celtista do Ribeiro celebra o seu 10º aniversario

RC Celta

A peña celtista do Ribeiro celebrou onte, mércores 30 de abril, o seu décimo aniversario cun emotivo acto que contou coa presenza do capitán do primeiro equipo do RC Celta, Fran Beltrán; o xogador do Celta Fortuna, Tincho; e o conselleiro do RC Celta, Sergio Álvarez.

Con sede en Ribadavia, ao evento acudiron numerosos integrantes dunha peña que está composta por 170 peñistas e que non se quixeron perder esta gran oportunidade de celebrar e compartir anécdotas e historias con algúns dos seus ídolos.

Durante o acto, Sergio Álvarez fíxolles entrega dunha camiseta dedicada en agradecemento a esta década de apoio e agarimo ao club celeste.

Parabéns e por moitos anos máis!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas