Hemeroteca celtismo

A Porta 1923 ábrese de novo o próximo venres: Balaídos ovacionará a 11 celtistas de todo o mundo

RC Celta

balaidos-universal-logo-blue.jpg

Balaídos Universal lanza para o Celta-Málaga o concurso “o 11 do MapaMundi”

 

O vindeiro venres, día 21, con motivo do partido Celta-Málaga, a Porta 1923 abrirase de novo aos celtistas de todo o mundo, que, ademais de gozar dos exclusivos contidos da súa estrea, esta vez poderán ademais entrar a Balaídos e unirse á afección a través dun concurso: os gañadores poderán compartir nos videomarcadores as súas fotos celtistas con toda a afección presente no estadio, e con todo o mundo a través da Porta 1923.

 

Os vencedores do concurso formarán unha aliñación de gala, “O 11 do Mapamundi”, que será cantada polo speaker no descanso do partido. O resto das fotografías enviadas poderán verse tamén a través da aplicación porta 1923.

 

A Porta 1923 de Balaídos Universal inaugurouse o pasado 8 de Marzo, no encontro ante o Atlético de Madrid, un primeiro paso para que os celtistas de todo o mundo poidan gozar de contidos inéditos como as imaxes dos vestiarios, a saída dos xogadores, o quecemento do equipo ou o himno a capella.

 

Para participar no concurso “O 11 do Mapamundi”, é necesario completar os seguintes pasos.

 

1- Faite unha foto coa túa camisola celtista que sexa orixinal e divertida.

 

2- Envíanos un Tweet con esta foto e os hashtag #Titular e #Balaídosuniversal e fai mención á conta @rccelta_oficial.

 

3- As fotos admitidas serán retuiteadas por @rccelta_oficial.

 

4- Acumula favoritos de toda a comunidade celtista ata o mércores 19 ás 23.59h.

 

5- O mesmo xoves 20 publicaremos en @rccelta_oficial os once gañadores que decidira a comunidade e que serán os que conten co maior número de favoritos.

 

6- Os gañadores, unha vez que sexan publicados, deben enviarnos un correo a [email protected] antes do venres 21 ás 15h, desde o correo no que se rexistraran no Mapamundi. O speaker anunciará aos afeccionados co nome e país no que se atopan. Se os gañadores queren ser anunciados doutra forma deben facer referencia nese mesmo correo de confirmación.

 

7- A experiencia poderá seguirse en directo en Balaídos ou a través da Porta 1923 de Balaídos Universal desde calquera parte do mundo. Por outra banda, unha gran parte dos afeccionados participantes aparecerán en diferentes momentos na Porta 1923.

 

Más información y bases legales en www.balaidosuniversal.com

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas