Hemeroteca celtismo

A presentación do “Celta Móbil” enche de celtismo o centro de Vigo

RC Celta

orellana-minibus-ok.jpg 

O vehículo, que hoxe contou coa presenza de Orellana, promocionará o club por toda Galicia

 

O centro de Vigo acolleu esta mañá a presentación en público do “Celta Móbil”, un microbús ideado coa colaboración de “Espacio Vigo” para continuar achegando o club aos celtistas de toda Galicia.

 

No día do seu debut, o “Celta Móbil” instalouse no cruzamento das céntricas rúas viguesas de Urzáiz e Colón, até onde se achegaron centenares de afeccionados e curiosos. A afluencia incrementouse notablemente a partir do seis da tarde, momento no que o atacante céltico Fabián Orellana subiu ao vehículo para atender durante unha hora aos seguidores, quen tiveron a oportunidade de conseguir o autógrafo do internacional chileno e fotografarse con el. A ilusión e o ambiente celtista reinaron no centro da cidade durante horas con esta nova iniciativa lanzada polo Real Club Celta.

 

O “Celta Móbil” nace coa filosofía de achegar o Celta aos celtistas, un espazo que albergará diversas iniciativas, ademais de exercer de punto de información durante as campañas de abonados, de punto de venda cos produtos oficiais da tenda oficial e de acoller encontros cos futbolistas celestes.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas