O RC Celta celebra o Black Friday este venres cun gran evento no edifico de A Sede, descontos e moitas novidades. A xornada arrincará coa reapertura de Gambeta, cunha atractiva proposta de restauración, e a inauguración dunha nova planta con produtos RC Celta e adidas, baixo a actual tenda multimarca.
Un invitado moi especial acudirá a A Sede con motivo desta estrea: Iago Aspas. O canteirán estará a partir das 18.30 horas no novo espazo RC Celta – adidas, onde se instalarán os dous trofeos Zarra, outorgados ao dianteiro de Moaña como máximo goleador español nas últimas tempadas. Ás 19:00 horas DJ Fonkid amenizará o local.
Os grandes descontos invadirán a tenda multimarca do RC Celta durante tres días (venres, sábado e domingo), con rebaixas do 20% e 30% en produtos de DR&N, Lyle Scott, Scotch&Soda, Maison Scotch, Deus Ex Machine, Leg3nd, Lle Cràne, adidas Athletics, Somos Océano e Graphics Proyect.
Ademáis, ás diversas marcas xa consolidadas na tenda celeste súmaselle a prestixiosa firma Pepe Jeans, que ofrecerá unha completa oferta do seu catálogo para neno, muller e home. Nas próximas semanas o espazo multimarca da tenda de A Sede enriquecerase aínda máis coa chegada de novas firmas que ampliarán e diversificarán aínda máis a extensa oferta existente.
A tenda online do RC Celta (shop.rccelta.es), tamén participará no Black Friday. A colección do 95 aniversario, as cazadoras bomber do club deseñadas por Rei Zentolo, os polos RC Celta, llaveros e bufandas poderán adquirirse desde o venres ás 00:00 até o domingo pola noite cun aforro do 20%.