O Salón Rexio da Sede do RC Celta acolleu na noite do 3 de setembro un encontro de primeiro nivel para celebrar e recoñecer o bo facer dos xornalistas durante o transcurso da Volta 2021.
O acto contou coa presenza de personalidades de primeiro nivel, como Ana Pastor, Vicepresidenta do Congreso dos Deputados; Julio Comesaña, Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia; Marta Fernández Tapias, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo; Javi Guillén, Director Xeral da Volta; Nidia Arévalo, alcaldesa do Concello de Mos; Pedro Posada, Vicepresidente do RC Celta; ou Rafael Louzán, Presidente da Real Federación Galega de Fútbol, entre outros invitados, así como multitude de xornalistas que están a seguir o día a día da competición.
O RC Celta deu a coñecer o seu prestixioso modelo de canteira, algo que encantou aos invitados. Así mesmo, Javier Guillén tomou a palabra para agradecer a presenza a todos os invitados, celebrar o bo transcurso da competición e citar aos presentes para a próxima edición da Volta.
Na cea os comensais gozaron dun menú deseñado polo chef Alberto González, do restaurante Silabario, situado na planta alta da Sede, cunha Estrela Michelín e posuidor tamén do prestixioso recoñecemento Sol Repsol.