Celtismo

A Sede énchese de historia e celtismo para celebrar o 95 aniversario

RC Celta

O RC Celta celebrou o seu 95 aniversario en A Sede dunha maneira moi especial, homenaxeando aos seus abonados nacidos no ano 1923, o do nacemento do club celeste. Eles son Pablo Vaquero (abonado nº3), José A. Aguiar (nº20), Asunción Arias (nº314), Camilo Domínguez (nº539) e José Castro (nº922), auténticos celtistas dos cales puideron asistir á cita o tres primeiros.

A sede social céltica da Rúa do Príncipe alagouse de afeccionados que non quixeron perderse esta cita única. O presidente Carlos Mouriño e o capitán do primeiro equipo Hugo Mallo exerceron de anfitrións dos abonados históricos, quen recibiron unhas camisetas e insignias conmemorativas. Ademais, os veteranos celtistas foron os encargados de cortar a torta do 95 aniversario, que se repartiu entre todos os asistentes.

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas