Hemeroteca club

A sede social do RC Celta, na rúa do Príncipe, comeza a lucir a súa espectacular ‘pel’

RC Celta

cristalsede110417.jpg

 

A sede social do RC Celta, situada na rúa do Príncipe, no corazón de Vigo, vive hoxe unha xornada especial co comezo da colocación dos 154 vidros da espectacular cúpula que coroa o edificio. As obras da ssde celeste avanzan a bo ritmo e en poucos meses os vigueses e celtistas poderán gozar en pleno centro da cidade dun enclave único que ofrecerá unha completa oferta sanitaria, sociocultural e comercial.

 

A cúpula acristalada ocupa catro plantas da sede social do RC Celta. Dous delas estarán destinadas a oficinas, outra albergará a Clínica do Deporte, que, dirixida polo xefe dos servizos médicos do club, Juan Jose García Cota, será sen dúbida un referente na medicina deportiva galega, e a última planta acollerá un restaurante, posuidor dunha Estrella Michelin.

 

A cúpula da sede é unha estrutura espacial monocapa en retícula triangular variable na que hoxe se comezaron a colocar un total de 154 panos triangulares de vidro.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas