20191128-Blue-Friday-Web.png
Novas club

A Sede súmase ao ‘Blue Friday’ con importantes descontos e sorteos

RC Celta

O RC Celta celebra este venres na Sede o ‘Blue Friday’. Os grandes descontos encherán a tenda multimarca do club durante varios días. Desde hoxe mesmo e até o vindeiro luns os produtos de DR&N, Pepe Jeans, Lacoste e El Pulpo terán rebaixas do 20% e o 30%. Ademais, produtos de Scotch & Soda, Lyle Scotch, Von Dutch, Deus ex machina e unha selección de El Pulpo alcanzarán o 50% de desconto.

Doutra banda, todas as zapatillas Adidas terán un desconto de até o 50%, tanto na tenda de Príncipe como na de Abanca Balaidos.

Descontos

DR&N: 20% (28 e 29 de decembro).
PEPE JEANS: 30% (do 29 de novembro ao 1 decembro).
LACOSTE: 20% (do 28 de novembro ao 2 de decembro).
EL PULPO: 20% (do 29 de novembro ao 2 de decembro)

Promoción especial ‘Momento Goleador’

A maiores, durante o venres 29 de novembro premiarase a compra na tenda da Sede con motivo do ‘Blue Friday’. Aqueles clientes que teñan a sorte de efectuar a súa compra na hora do “momento goleador” recibirán un agasallo e poderán realizar unha simulación de celebración de gol con música e globos na tenda. As horas destes “momentos goleadores” escolleranse ao azar durante toda a xornada. Entre os diferentes premios haberá roupa oficial do RC Celta, mochilas, bolsas de adestramento e equipamentos oficiais para nenos…

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas