Hemeroteca club

A sociedade galega celebra 90 anos de celtismo

RC Celta

90_aniversario_-_Presi.jpg

Representantes de todos os ámbitos de Galicia déronse cita no almorzo do aniversario do Celta

 

O Real Club Celta exerceu hoxe nun acto conmemorativo do 90 aniversario desenvolvido no Hotel Pazo Los Escudos, de nexo de unión da sociedade galega. Institucións e entidades públicas e privadas reuníronse ao redor dunha celebraron inesquecible, os 90 anos de vida do club, nunha comida na que o presidente celeste, Carlos Mouriño, realizou unha emotiva analogía entre a historia celeste e as entidades, agrupacións, institucións e colectivos presentes.

 

 1 MG 1575

 

No Hotel Pazo Los Escudos déronse cita, entre outras personalidades, os presidentes da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, do Parlamento Galego, Pilar Rojo, e da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o bispo da diocese de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro, así como os responsables dos distintos grupos políticos parlamentarios e municipais, e de numerosas institucións e entidades públicas e privadas como a Universidade de Vigo, a confederación de Empresarios, Club Financeiro, Zona Franca, Autoridade Portuaria, Círculo Mercantil, Club de Campo, Club Náutico, medios de comunicación, Federación Galega de Fútbol, Centro Tecnólogico de Automoción de Galicia, e os patrocinadores oficiais do club. O Real Club Celta estivo tamén amplamente representado, co seu presidente, Carlos Mouriño, á cabeza, consello de administración, directores e representantes de corpo técnico, ex presidentes, xogadores e ex xogadores, categorías inferiores, empregados, abonados, Afavi e federación de penas, entre outros.

 

O acto deparou momentos moi emotivos, como o vídeo elaborado por Celta TV sobre a historia celeste, a intervención do presidente Carlos Mouriño, cargada de belos recordos e anécdotas, ou a presenza sobre o escenario dos xogadores do Celta Infantil B, que recentemente viaxaron a Corea para a disputa dun prestixioso torneo internacional.

 

1 MG 1482

 

Carlos Mouriño fixo un interesante repaso da historia do club a través de fitos e anécdotas que engarzou coas institucións e entidades presentes no acto. Desta maneira eloxiou o traballo dos medios de comunicación que contaron e contan a historia celeste, o apoio da afección con momentos de gran mérito como aquela derrota na final de Copa do ano 1948 ante o Sevilla, o apoio da cidade de Vigo, representada polo seu alcalde, como na crise dos avais, o cultivo dos valores e do xogo limpo que naceron xa en 1924 cando o Celta lanzou fóra un penalti inxusto nun partido ante Uruguai, que engarzó cunha mensaxe ao presidente da Xunta: “Queremos que lle faga chegar a todos os galegos que sentimos profundamente e problema que está a pasar o deportivo que botaremos de menos os derbis e oxalá pronto podamos disputar eses derbis de novo”.

 

1 MG 1580

 

Fixo alusión á educación dos xogadores, en referencia á Universidade, coa instauración en 1949 de clases de contabilidade para os futbolistas celestes…

 

Lembrou duras desgrazas como o accidente mortal de Hándicap ou o asasinato de Quinocho, que uniu co labor dos ex presidentes celestes: “Todos deixaron unha parte do seu día no Celta”…

 

GALERÍA DE IMAXES

Tras as intervencións do alcalde de Vigo e o presidente da Xunta, o gaiteiro Xaquín Xesteira interpretou os himnos do Real Club Celta e de Galicia para pechar o acto.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas