Hemeroteca club

A sociedade galega únese en torno ao 90 aniversario do Real Club Celta

RC Celta

logo90aniversario

O Hotel Pazo Los Escudos será escenario este martes dunha comida con motivo do evento

 

A sociedade galega únese este martes ao redor dun feliz acontecemento, o noventa anos de historia do Real Club Celta de Vigo. O Hotel Pazo Los Escudos será o escenario dunha comida moi especial tanto polo motivo, o aniversario da fundación da entidade celeste, como pola ampla representación social que terá este evento.

 

Ao xantar, que terá lugar a partir das 14.30 horas, asistirán as máximas autoridades gubernativas de Galicia e Vigo, así como das súas distintas institucións e entidades políticas, empresariais, mediáticas, sociais, deportivas e educativas, mentres que todos os estamentos do Real Club Celta serán tamén partícipes deste acontecemento.

 

No Hotel Pazo Los Escudos daranse cita, entre outras personalidades, os presidentes da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, do Parlamento Galego, Pilar Rojo, e da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, así como os responsables dos distintos grupos políticos parlamentarios e municipais, e de numerosas institucións e entidades públicas e privadas como a Universidade de Vigo, a confederación de Empresarios, Club Financeiro, Zona Franca, Autoridade Portuaria, Círculo Mercantil, Club de Campo, Club Náutico, medios de comunicación, e os patrocinadores oficiais do club. O Real Club Celta estará tamén amplamente representado, co seu presidente, Carlos Mouriño, á cabeza, consello de administración, directores e representantes de corpo técnico, ex presidentes, xogadores e ex xogadores, categorías inferiores, empregados, abonados, Afavi e Federación de Peñas, entre outros.

 

O Real Club Celta quere expresar o seu agradecemento ás persoas, institucións e entidades que asistirán ao evento polo seu gran acollida e apoio a este acto de celebración do 90 aniversario do club.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas