Hemeroteca celtismo

A tenda do Celta ofrece vivir un ‘momentazo’ aos máis pequenos

RC Celta

momentazo-web.jpg

Nenos e nenas poderán acompañar aos xogadores en Balaídos ao mercar un pack de productos oficiais

 

A tenda oficial do RC Celta lanza unha nova oferta na que os máis pequenos son os protagonistas. Todos os nenos e nenas que adquiran no establecemento celeste o chándal, camiseta e pantalón oficiais, terán a oportunidade de acompañar aos xogadores do primeiro equipo en Balaídos.

Cando se reúnan 11 mozos celtistas de até 12 anos de idade dentro da promoción, formarase un once que saltará ao terreo de xogo do estadio da man dos seus ídolos celestes, mentres a bancada canta o himno ‘a cappella’, un auténtico ‘momentazo’ que non esquecerán nunca. Esta oferta será válida para todos os afeccionados que adquiran o pack completo de chándal, camiseta e pantalón na tenda oficial do RC Celta.

Os abonados celestes poderán beneficiarse do habitual desconto do 10% presentando o seu carné no mostrador do comercio. A tenda oficial, situada en Balaídos, permanece aberta de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas