Hemeroteca celtismo

A tenda do Celta repón camisetas oficiais a partir deste sábado

RC Celta

Montaje2.jpg

Dispoñible unha amplia variedade de tallas da primeira e a segunda equipación Adidas

A tenda oficial do Celta, situada no Estadio de Balaídos, porá á venda a partir deste sábado unha nova remesa de camisetas oficiais Adidas do primeiro equipo, en toda a súa variedade de tallas.

 

Co fin de asegurar a existencia das elásticas célticas durante as festividades do Nadal, o establecemento celeste recibirá e porá a disposición dos afeccionados un novo envío de camisetas e outros produtos Adidas a próxima semana.

 

A tenda do Celta permanece aberta ao público de luns a sábado, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, aínda que os días 24 e 31 de decembro só abrirá as súas portas en horario matinal, de 10 a 14 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas