A tenda do RC Celta pon en marcha este mércores o sorteo de 4 das ‘chaquetas de himno’ que nas últimas xornadas vestiron os xogadores celestes na súa saída ao céspede de Balaídos. Calquera afeccionado que entre o 2 e o 30 de novembro realice unha compra superior a 20€ no establecemento oficial do estadio recibirá un formulario no que anotar os seus datos e que se introducirá nunha urna, exposta na tenda, da que sairán o catro gañadores.
Trátase dunha ocasión única para conseguir unha peza utilizada por un xogador céltico, un premio exclusivo da tenda oficial do RC Celta en Balaídos.
Horario no Celta-Valencia
A tenda do Celta, que habitualmente ten un horario de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, abrirá as súas portas o domingo 6 de novembro ás 15:15 horas con motivo do choque ante a Valencia. O establecemento permanecerá pechado durante o partido e reabrirá tras o asubío final até as 20:00 horas.