camiseta-mama-2017-2018-celta-tienda-serigrafia.jpg
Celtismo

A tenda oficial celebra o Día da Nai serigrafiando nomes de muller gratis

RC Celta

A tenda oficial do RC Celta xa celebra o Día da Nai do próximo 6 de maio e faino cunha promoción moi especial. Desde este mércores e ata o sábado 5 de maio, día do derbi galego ante o RC Deportivo, as camisetas oficiais adquiridas na tenda oficial poderán serigrafiarse cun nome de muller sen custo extra.

De momento a promoción está dispoñible na tenda oficial do estadio de Balaídos, pero espérase que nos próximos días o establecemento multimarca do RC Celta en A Sede tamén conte co equipamento necesario para serigrafiar.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas