A tenda oficial do RC Celta no estadio Abanca Balaídos está de estrea. O establecemento celeste inaugurará un novo espazo dedicado aos eSports na previa do Celta-Elche, un lugar, ubicado na terceira pranta, onde os afeccionados celestes poderán gozar gratis do videoxogo FIFA22 en PS5.
A nova zona gaming abrirá as súas portas o domingo ás 17:00 e permanecerá aberta ata as 22:00, hora de peche da tenda oficial. Ademais, de 20:00 a 21:00, os abonados de Tribuna poderán acceder directamente a este espazo desde a bancada.