ESCUDO-1300x400-01
O Club

A tenda oficial en Abanca Balaídos inaugura unha zona gaming na previa do Celta-Elche

RC Celta

A tenda oficial do RC Celta no estadio Abanca Balaídos está de estrea. O establecemento celeste inaugurará un novo espazo dedicado aos eSports na previa do Celta-Elche, un lugar, ubicado na terceira pranta, onde os afeccionados celestes poderán gozar gratis do videoxogo FIFA22 en PS5.

A nova zona gaming abrirá as súas portas o domingo ás 17:00 e permanecerá aberta ata as 22:00, hora de peche da tenda oficial. Ademais, de 20:00 a 21:00, os abonados de Tribuna poderán acceder directamente a este espazo desde a bancada.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas