Hemeroteca celtismo

A tenda oficial serigrafiará gratis o logotipo do futuro patrocinador do club

RC Celta

camiseta230616

 

Despois de 31 anos Citroën deixa de ser o patrocinador da camiseta do RC Celta aínda que, como se anunciou, a marca francesa continuará vinculada ao club a través da Fundación Celta. As elásticas para a tempada 2016/17, á venda desde a semana pasada, continuarán dispoñibles sen publicidade ata que o Celta confirme o nome da empresa que substitúa a Citröen, unha boa oportunidade para aqueles afeccionados que estean interesados en adquirir as camisetas oficiais sen patrocinio.

 

Para os celtistas que no futuro desexen engadir ás súas pezas o logotipo do novo patrocinador principal do Celta, a tenda de Balaídos o serigrafiará sen ningún custo extra a todos os afeccionados que adquirisen as camisetas en www.tiendacelta.com, no espazo oficial do Corte Inglés de Vigo ou no propio establecemento do estadio vigués e que presenten o tícket de compra.

 

1detalles230616

 

Primeiro equipamento
A camiseta celeste recupera este ano o pescozo redondo, de cor azul escuro do mesmo xeito que as liñas verticais dos costados, aceno de identidade de adidas. Como novidade, a elástica do primeiro equipamento inclúe por primeira vez detalles en amarelo, como o xa tradicional trisquel celta na parte posterior da peza.

Segundo equipamento
O segundo uniforme xoga coas cores secundarias da camiseta celeste. O azul escuro convértese en protagonista absoluto e o amarelo utilízase en detalles como as liñas sobre os ombreiros ou o trisquel nas costas. A cor representativa do Celta, o azul celeste, mantén a súa presenza cunhas finas liñas verticais no frontal da peza.

 

2detalles230616

 

Tecnoloxía e sostenibilidade adidas

As camisetas oficiais incorporan un ano máis a tecnoloxía punteira Climacool de adidas, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratexicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor.

Ademais, as elásticas están fabricadas con poliéster reciclado, unha fibra sintética baseada en residuos post-consumo, tales como botellas de plástico e pezas de vestir usadas. Desta maneira redúcese o impacto ambiental no proceso de fabricación sen deixar de facer produtos de alto rendemento para o atleta.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas