A tenda oficial do Celta, ata agora situada nos baixos do Balaídos, cambiará o seu emprazamento por mor das obras de remodelación da bancada de Tribuna/Preferencia.
O comercio céltico permanecerá pechado este xoves e venres, días durante os que se realizarán labores de inventario e traslado de face a reiniciar a actividade no horario habitual a partir deste mesmo sábado nunha localización provisional, fronte a zona de billeteiras do estadio.
Seguindo a liña de grandes firmas, o Celta instalou unha Pop Up Store nos arredores de Balaídos, un espazo comercial temporal que permitirá seguir atendendo aos abonados e afeccionados celestes con comodidade durante o transcurso das obras de remodelación do estadio.
A nova tenda celeste abre as súas portas o sábado de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.